Curso 11/12

Entrevista en Radio Pontevedra- SER 29/05/12

Entrevista na visita do meeting Comenius no Concello de Pontevedra.

Fin de curso

orla infantil 12

O xoves 21 os de 5 anos deron o paso para chegar a Primaria, nunha cerimonia intensa amosaron –arroupados pola súa familia e profes- a súa  madurez para empezar EP con entrega de diplomas e lanzamento de birretes no patio dos maiores, que agora xa é seu.

Mención especial para un dos nosos traballos!

O xurado decidiu outorgar unha mención especial para un dos traballos que se elaboraron para o certame de "Nós tamén creamos". Foron moitas horas de traballo de María e Amparo cos seus alumnos de EI, e tamén de Maica, Camito e Adriana co seu alumnado, este equipo de EP foi o que acadou a mención especial que recollerán en Santiago o vindeiro xoves.

Comenius Project Meeting 27th –31th May 2012

 

Desde o próximo domingo 27 acolleremos aos nosos compañeiros do proxecto Comenius  que realizaran unha visita ao noso país e a nosa cidade.

Xincana literaria: Valentín Paz Andrade na voz da xente

Xincana Valentín Paz-Andrade

O pasado martes 22, no Pazo de Cultura divertímonos e aprendemos moito na Xincana literaria: Valentín Paz Andrade na voz da xente, na que participamos partillando co CEIP Santo André de Xeve, grazas á Concellería de Normalización do Concello de Pontevedra.

Deporte e alimentación

En colaboración co Concello e coa SDTeucro tivemos esta interesante actividade

Inmacula Paz-Andrade de visita no cole, para falarnos do seu tío Valentín Paz-Andrade.

En poucas ocasións podemos convidar ao centro a unha persoa como Inmaculada Paz-Andrade, natural de Lérez é un exemplo vital de esforzo e superación para todo nós.

Nós tamén creamos

 

Tras moitas horas de traballo e darlle voltas ás ideas das profes e dos seus alumnos dentro do programa Nós tamén creamos. , ao fin, rematamos os nosos dous traballos que esperamos que vos gusten:

(Preme no título do artigo para ver as películas)

Distribuir contido