Inmacula Paz-Andrade de visita no cole, para falarnos do seu tío Valentín Paz-Andrade.

En poucas ocasións podemos convidar ao centro a unha persoa como Inmaculada Paz-Andrade, natural de Lérez é un exemplo vital de esforzo e superación para todo nós.

Inmaculada Paz Andrade (Pontevedra, 1928) é pioneira en moitos ámbitos. Foi a primeira muller encargada de cátedra da facultade de Ciencias, a primeira profesora agregada da de Química e a primeira catedrática da facultade de Física. Recoñecida internacionalmente no ámbito da termodinámica e da microcalorimetría, un dos fitos na carreira da catedrática emérita de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC) foi a creación dun grupo galego de prevención e extinción de incendios forestais. O seu currículo supera xa as 300 publicacións científicas e, con todo, segue investigando e acudindo todos os días ó seu despacho da Universidade de Santiago de Compostela (USC). 

Recibiu a Medalla de Ouro da Real Sociedad Española de Física (1992), o Premio Galicia de Investigación Antonio Casares y Rodrigo (1999), a insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela (2000), Premio Maria Wonenburger e a Medalla Castelao (2008).

Actividade en colaboración co CEIP de Parada - Campañó e CEIP Santo André de Xeve.