Fotos da excursión a Lalín do alumnado de Educación Primaria

Excursión a Lalín do alumnado de Educación Primaria 

Xa están dispoñibles na galería do cole as fotos da excursón a Lalín que fixo o alumnado de Educación Primaria. Visitaron a Casa do Patrón, un ecomuseo etnográfico que conta con máis de 4500 pezas que narran a historia, tradición e cultura de Galicia.

 

Tamén fixeron diferentes obradoiros: cerámica, cestería... Pasárono xenial!