Día das Letras Galegas. Actividade: "O camiño das Letras"

Día das Letras Galegas. Actividade: "O camiño das

Letras"

 

 

 

Simulando o Camiño de Santiago, o alumnado de Infantil e Primaria realizou un percorrido pola escola no cal tivo que ir superando diferentes etapas (actividades) co gallo das Letras Galegas. Para continuar o itinerario, deberían seguir as frechas amarelas. As actividades foron:

Etapa 1: O crebacabezas.
Etapa 2: De que falan os poemas?
Etapa 3: Galicia: monumentos e patrimonio
Etapa 4: O himno galego
Etapa 5: Que sabes das letras?
Etapa 6: O código secreto

Ao inicio, fíxose entrega dunha credencial por curso, a cal reflectiu as etapas superadas do “Camiño das Letras”. Por cada etapa superada, o alumnado recibía un selo para a súa credencial.

Todas as fotos desta actividade están dispoñibles na seguinte ligazón