Taller de habilidades sociais

Taller de habilidades sociais 

taller de habilidades sociais

 

O pasado 13 de maio, o alumnado de 6° de primaria do CEIPP de San Benito de Lérez recibiu unha charla sobre comunicación e habilidades sociais. A través de diferentes xogos e actividades, puideron comprobar o estilo de comunicación que adoitamos ter na nosa vida cotiá. 

A psicóloga, que impartiu o obradoiro, tamén deu estratexias para comunicármonos de xeito efectivo na escola, coas amizades e coas persoas en xeral. O obradoiro terá unha segunda parte o 10 de xuño e abordará a xestión das emocións.
 
Todas as fotos dispoñibles na galería do cole!