INFORMACIÓN BOLSAS NEAE (ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO) 2024-2025
Dende o centro informamos de que abriu o plazo para a solicitude de Bolsas NEAE (Alumnado con Necesidade de Apoio Educativo) para o curso 2024-2025.
O prazo estará aberto dende o 30 de abril ata o 13 de setembro inclusive.
As familias cubrirán, tal como indica a convocatoria, exclusivamente as solicitudes vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación. Prema no seguinte enlace:
https://sede.educacion.gob.es/sede/login/seleccionarConvocatoria.jjsp
Importante:
1. Cubrimos a solicitude na Sede Electónica
2. Imprimimos
3. Marcar os documentos a adxuntar
4. Asinar onde se indica.
Documentación para todas as solicitudes:
1. Certificado de conta bancaria onde conste o alumno/a como titular ou cotitular.
2. Certificado de discapacidade igual ou superior ao 25% /Informes médicos actualizados (Altas Capacidades non).
3. Cumplimentar apartado D polo Gabinete ao que vaia acudir o alumno/a.
Por último, traer ao centro toda a información antes do 13 de setembro
Para máis información adxúntase a convocatoria.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Convocatoria NEAE curso 2024_2025 Firmada.pdf | 273.58 KB |