Actividade sobre o ciclo da auga urbano
Actividade sobre o ciclo da auga urbano
O 11 de abril desenvolveuse unha actividade sobre o ciclo da auga urbano. A través de diferentes experimentos, unha científica explicounos ao alumnado do 3° ciclo, como se procedía ao saneamento e reutilización das augas residuais xeradas nas nosas casas.
Con esta actividade explicoulles cal é o proceso polo que pasa a auga para ser potable e como se depura a auga do sumidoiro para ser usada para regar, incendios, limpar rúas,… pero non serve para consumir. Fixeron varios experimentos, un deles deixando unha billa goteando un día enteiro e vendo que consume arredor de 125 ml, polo que falaron do uso responsable da auga.
Podedes ver o resto de fotos na galeria do cole!