Mulleres deportistas referentes no CEIPP San Benito de Lérez: Irene Trabazo

Mulleres deportistas referentes no CEIPP San Benito de

Lérez: Irene Trabazo 

 

Con motivo do día da muller estivemos investigando sobre mulleres deportistas e algunhas delas achegáronse ao cole para poder coñecelas un pouco mellor. 

 

A primeira delas foi Irene Trabazo Bragado, ciclista na modalidade de ciclocross que conta cun gran palmarés a nivel nacional e internacional. Irene veu visitarnos ao cole para explicarnos en que cosiste o seu deporte, ensinarnos a súa bici, responder algunhas das curiosidades dos nenos e incluso concedernos unha entrevista para a nosa radio! 

 

Podedes escoitar a charla completa no noso perfil de Ivoox, deixámosvos a ligazón: https://www.ivoox.com/entrevista-a-irene-trabazo-audios-mp3_rf_105499900_1.html

 

E, ademais, ¡aquí vos deixamos unhas fotiños! http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanbenitodelerez/galeria/thumbnails.php?album=208

 

Quen será a nosa seguinte invitada?