Educar no respeto polos animais

Educar no respeto polos animais

Onte o noso cole saíu na prensa local, en concreto, no xornal La Voz de Galicia. Fixéronse eco do ben que o pasamos coñecendo a Horus e de todo o que aprendimos en canto a convivencia cós animais. Como centro de ensino creemos firmemente na importancia que estas charlas didácticas teñen para educar ao alumnado na tenencia responsable de mascotas. Agradecemos á ANPA O Areeiro e a protectora Os Palleiros a súa implicación en sacar adiante esta actividade. 

 

Aquí tedes o enlace para ler a información completa: 

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2023/03/27/perros/00031679911214192739921.htm