7ª Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo

 7ª Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais

de Vigo

 

A 7ª Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo celebrarase os vindeiros días 13 e 14 de marzo de 2023 no Hall do Auditorio Mar de Vigo, e o noso cole está convivado a asistir. 

Trátase dunha feira enfocada a todos os niveis educativos, ciclos medios e superiores, formación técnica ,universidade... con especialidades de: moda, administración, deseño gráfico, deseño de interiores, idiomas, imaxe e son, actividades físicas e deportivas, xemoloxía, traballo social, dereito, xoiería, interiorismo, enxeñaría enerxética, esgrima, música, educación infantil, historia da arte... entre outras.

Máis de 30 títulos universitarios, máis de 600 cursos de formación permanente, 79 másteres, 13 micrograos, máis de 30 ciclos formativos e outras formacións técnicas estarán presentes nesta gran edición. 

Deixámosvos anexo o cartaz informativo para coñecer máis en profundidade as características deste encontro. 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
feria de ensen_anzas 2023.pdf155.4 KB