Fin de curso

orla infantil 12

O xoves 21 os de 5 anos deron o paso para chegar a Primaria, nunha cerimonia intensa amosaron –arroupados pola súa familia e profes- a súa  madurez para empezar EP con entrega de diplomas e lanzamento de birretes no patio dos maiores, que agora xa é seu.

O mércores 20 polo serán os de 6º de EP  no marco da nova e relucente Casa de Cultura de Lérez, proxecto arquitectónico dun exalumno do centro que gañou o concurso de ideas,  –a metade de camiño do cole ao insti- despedíronse do cole nun sinxelo e agarimoso acto que nos deixou un magnífico sabor de boca. Marchan, pero a porta non  se pecha xa que o cole foi e seguirá sendo sempre a súa casa cando queiran. Grazas a todos os que viñeron: familias, amigos e profesorado noutro destino ou xubilado  que compartiron con nós ese momento simbólico, e como non á Casa da Cultura pola súa acollida e a ANPA o AREEIRO pola súa colaboración na organización.

 orla primaria 12

O venres para todos : FESTA DA AUGA, mollados coma pitos para comezar as vacacións.