Mulleres deportistas referentes no CEIPP San Benito de Lérez: Irene Trabazo

Mulleres deportistas referentes no CEIPP San Benito de

Lérez: Irene Trabazo 

 

Novas sobre a publicación da listaxe provisional de admitidos 23-24: Data e medio de consulta.

Estimadas familias:

 

Temos o pracer de informarlles de que o listado de admitidos para o curso 2023-24 publicarase o próximo 25 de abril. Só poderá ser consultado a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado ou presencialmente no taboleiro de anuncios dentro do hall do centro escolar.

 

Educar no respeto polos animais

Educar no respeto polos animais

Onte o noso cole saíu na prensa local, en concreto, no xornal La Voz de Galicia. Fixéronse eco do ben que o pasamos coñecendo a Horus e de todo o que aprendimos en canto a convivencia cós animais. Como centro de ensino creemos firmemente na importancia que estas charlas didácticas teñen para educar ao alumnado na tenencia responsable de mascotas.

Plan de Convivencia do CEIPP San Benito de Lérez

Plan de Convivencia 

Consulta nos ficheiros adxuntos o Plan de Convivencia do CEIPP San Benito de Lérez. Un documento que regula todos os aspectos relacionados coa convivencia dos axentes que interveñen nun proceso educativo: mestres, persoal de administración e servizos, alumnado e familias (Comunidade educativa). 

 

 

7ª Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo

 7ª Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais

de Vigo

 

A 7ª Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo celebrarase os vindeiros días 13 e 14 de marzo de 2023 no Hall do Auditorio Mar de Vigo, e o noso cole está convivado a asistir. 

Despois da Educación Primaria... hai moitas opcións!

Despois da Educación Primaria, hai moitas

opcións!

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado

 Recordámosvos que o día 1 de marzo de 2023 comeza o prazo para presentar as solicitudes de admisión de alumnado. O prazo abranguerá dende o 1 ao 20 de marzo e podedes consultar toda a información no seguinte enlace á web:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action 

 

Recordar por outra banda que o vindeiro Martes 28 de febreiro ás 18:00h levarase a cabo a xornada de portas abertas para que veñades visitar o noso colexio.

Un saúdo.

 

Xornada de portas abertas o día 28 de febreiro ás 18:00h

Ven a coñecer o noso centro e as nosas instalacións o Martes ás 18:00!!

                                                      

O Entroido desprega a súa ledicia no San Benito de Lérez

O Entroido desprega a súa ledicia no San Benito de Lérez

 

Boas, no San Benito de Lérez xa empeza a notarse o Entroido... Esta semana queremos festexar e para iso o Meco argalladas nos vai mandar!

Cada día da semana un novo mandato!

 

Para o luns...

 

Distribuir contido