Xa comezamos as actividades de prevención e formación no noso centro.
A asociación Ancas en colaboración con Stop Accidentes imparte estes días uns obradoiros e charlas ao alumnado de 3º a 6º sobre seguridade vial, normas de conducción de patinetes, bicicletas, o uso de transportes alternativos ao coche...
Os alumnos de 5º e 6º recibiron unhas charlas da Policia Nacional, enmarcadas no programa Plan Director para a prevención e detección do acoso escolar e uso responsable das redes sociais e os perigos da internet. Esta actividade compleméntanse cos obradoiros do Concello sobre estes temas.