Skip to Content

MAIO NO CENTRO

Estes días pasados desenvolvéronse no centro varias actividades no eido da cultura tradicional galega e a inclusión.

Asi, os alumnos de 5º e 6º participaron na campaña de sensibilización por unha escola máis inclusiva, promovida por Enki, a Federación de persoas xordas de Galicia -FAXPG- e ONCE nos centros educativos. Os alumnos xunto con outros escolares coruñeses, coñeceron a través dunha conexión virtual a historia da lingua de signos, o seu alfabeto e o sistema Braille.

Como complemento a esta xornada a artista Blanca Escrigas realizou un mural no noso patio

    

No vídeo resúmese todo o traballo desenvolvido durante este curso.

Os alumnos de 5º e 6º celebraron o Día das Letras Galegas bailando a muiñeira de Lugo no patio do colexio.

Aproveitamos para mostrar o noso agradecemento ao ANPA, e a todas as nais e nenos que decoraron o patio de E. Infantil cun espectacular mural      

Agradécemoslles tamén o emotivo vídeo  que adicaron aos mestres e nenos, e a colaboración que amosaron sempre con nós. Grazas.



page | by Dr. Radut