Este trimestre en 6º B traballamos un tema moi interesante: os 17 ODS (obxectivos de desenvolvemento sostenible) que marcou a ONU na Axenda 2030. Son 17 ideas que tivo a ONU para facer que todo vaia mellor no mundo. Traballamos moi duro no tema, e por iso quixemos dar unha charla aos nosos compañeiros de 4º, 5º e 6º para que se enterasen de que vai o tema e se unan a nós neste proxecto,e así, entre todos, poder cambiar o mundo. Como decía Galeano: "Moita xente pequena en lugares pequenos facendo cousas pequenas pode cambiar o mundo".
AXUDÁDENOS?