Skip to Content

UNHA MAÑÁ NO CPR AS ESCLAVAS

O xoves 19 de decembro os nenos de 6º B vivimos un día moi especial. Fomos ao CPR Esclavas  a desfrutar dunha maña fantástica. Ás 9:30 entrábamos no colexio y recibíannos dun xeito estupendo.

Ás 10:30 dimos a charla sobre os 17 ODS da ONU marcados na axenda 2030. Estivemos moi a gusto, fixémolo fenomenal e os alumnos de 5º y 6º das Esclavas escoitáronnos tan atentamente que aínda no lo fixeron desfrutar máis.

Despois dun breve descanso para recoller todo o das xornadas e preparar o escenario de novo, representamos a obra de teatro Agente Ricitos, adaptación do conto de Miguel López, El  Hematocrítico. Precisamente Miguel foi o noso espectador máis especial.

Sempre dicimos que para que os espectadores o pasen ben temos que pasalo ben no escenario.... pois nos desfrutamolo moitísimo e os alumnos de Esclavas tamén con nós.

Para poñer punto e final a unha mañán especial convidáronnos a uns pinchos e agradecéronnos a visita.

Sen dúbida foi un día moi especial!!

  

         



page | by Dr. Radut