Actividades
Día do Libro: Obradoiros de reciclado de papel
Enviado por admin o Xov, 21/04/2022 - 09:21Para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, todo o alumnado do centro participou nuns obradoiros de reciclado de papel da man do persoal de Matrácala Actividades lúdicas e educativas.
Cada neno/a elaborou persoalmente a súa peza, recolleron na súa composición o que lle transmite a lectura ou os libros co obxectivo de decorar o noso recuncho de resolución de conflitos e de Paz. Fabricaron papeis a partir de desfeitos de cartón, papel reciclado e tintas naturais. O remate da tarefa consistiu nun lacrado do realizado.
Aquí podedes ver algunhas das imaxes da actividade (nos blogues dos diferentes cursos hai máis dispoñibles).
Día Mundial de Concienciación do Autismo
Enviado por admin o Lun, 04/04/2022 - 13:42Baixo o lema «Unha feliz viaxe pola vida», a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022, que se celebrou o pasado 2 de abril, pon o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo ( TEA) e as súas familias para gozar dunha vida feliz. O noso centro participou das actividades propostas para sensibilizar sobre a necesidade e importancia deste dereito.
Nos blogs dos diferentes cursos e no do Departamento de Orientación están dispoñibles algunhas das actividades realizadas.
Día Global por Ucraína
Enviado por admin o Xov, 24/03/2022 - 14:57Seguindo a convocatoria realizada por Anmistía Internacional o noso centro participou na iniciativa Día Global por Ucraína. Realizamos unha concentración na que cada neno/a portaba un xirasol, flor nacional de Ucraína, en apoio á poboación deste país e lemos un manifesto de rexeitamento á guerra provocada pola invasión que está padecendo.
Podedes ver o vídeo e as imaxes da actividade
Plan Director de Convivencia: Acoso Escolar
Enviado por admin o Mér, 16/03/2022 - 21:49O “Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos” ofrece aos centros a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das forzas e corpos de seguridade sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia.
Onte Fernando, formador da Garda Civil, impartiu tres charlas sobre o acoso escolar: dúas para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e outra para as familias que tivo lugar ás 18:00 horas no salón de plenos do Concello de Sada.
Día da Muller: Xincanas pola Igualdade
Enviado por admin o Lun, 14/03/2022 - 17:47Dentro das actividades organizadas para conmemorar o Día da Muller o centro organizou a realización de xincanas pola igualdade con todo o alumnado o luns 14 e o martes 15 de marzo.
Cada curso participou de xeito independente nunha actividade temática para concienciar na igualdade de xénero e na prevención das violencias machistas. Fixemos xogos, dinámicas, probas e entretementos desde un punto de vista positivo e optimista.
Facede clic na imaxe para ver algunhas das fotos destes días.
Festa de Entroido
Enviado por admin o Ven, 25/02/2022 - 14:55Charla alimentación saudable
Enviado por admin o Lun, 14/02/2022 - 21:24Hoxe a nosa Comunidade Educativa tivo a sorte de contar coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro. Da man de Rosa, tivo lugar unha charla informativa telemática para reflexionar sobre a importancia de educar nunha alimentación saudable para os nosos rapaces e rapazas e favorecer así o seu axeitado desenvolvemento persoal.
Aumentar o consumo de froita, verduras, lácteos e reducir alimentos ultraprocesados no día a día, xunto coa práctica de exercicio son o camiño para fomentar hábitos saudables. E se facemos partícipes aos pequenos na elaboración dos propios almorzos, temos o éxito asegurado.
Programa Snack Lab
Enviado por admin o Xov, 10/02/2022 - 12:58O noso centro participa no programa promovido pola Asociación Española Contra o Cancro "Snack Lab". O obxectivo é fomentar o consumo de snacks saudables entre o alumnado da nosa escola.
Onte contamos cunha responsable do programa que explicou ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria a importancia dunha alimentación saudable e de como podemos conseguila.
O vindeiro luns 14 de febreiro ás 16:00 terá lugar unha sesión formativa telemática dirixida ás familias do noso centro para explicar dito programa. O enlace remitirase ao correo electrónico do alumnado e a través de AbalarMóbil ese mesmo día.
Día da Paz: Cultivamos a Paz
Enviado por admin o Ven, 28/01/2022 - 21:04Celebramos o Día da Paz recitando, cantando, bailando... A actividade principal consistiu na elaboración dun recuncho de paz, calma, resolución de conflitos, mediación... permanente para a nosa escola. Para Cultivar a Paz neste reuncho creamos unha árbore con materiais de reciclaxe.
Facede clic na imaxe para ver as fotos deste día.
Vídeo da xornada
Máis fotos e vídeos nos blogs de cada curso.
Nadal
Enviado por admin o Mar, 21/12/2021 - 15:04Hoxe despedimos o primeiro trimestre cunha xornada de festa. Realizamos distintas actividades nas aulas, celebramos unha deliciosa chocolatada, compartimos unhas badaladas cun programa do Tarabelo nas Ondas e recibimos a visita dos Reis Magos.
Facede clic na imaxe para ver as fotos desta xornada.
Felicitación Nadal
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »