CONVOCATORIA AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2022-2023
Foron convocadas as becas para o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo e ata o 30 de setembro estará aberto o prazo para presentar as solicitudes.
Poderá facelo o alumnado que presente necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais. Así mesmo, poderán solicitar as axudas alumnado con Trastorno do Espectro Autista e os alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.
As solicitudes deben ser cubertas por Internet e entregadas posteriormente no centro educativo.
No blog do Departamento de Orientación dispoñen de máis información.