Educando na Biosfera: Visita ao CIEC

Dentro do programa educativo "Educando na Biosfera", o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha visita ao CIEC (Centro Internacional de Estampa Contemporánea) en Betanzos os días 3 e 10 deste mes respectivamente.

Coñeceron distintas técnicas gráficas de gravado e viron a exposición de obras existentes no Centro. Ademais realizaron unha litografía, facendo un gravado sobre un soporte metálico que consigue os matices dun debuxo. A litografía realizada está relacionada con Proxecto MIS+ que estamos levando a cabo este ano na nosa escola.

 

Clica na primeira foto para ver as fotos da visita de 5º de EP e na segunda para ver as de 6º.