Partido de fútbol solidario UNICEF
O curso pasado os alumnos/ás de 3º ciclo do noso colexio participaron nun programa de UNICEF chamado "O fútbol que queremos" coa finalidade de reflexionar sobre os valores asociados ao fútbol e en especial, que os nenos/ás incorporasen no seu día a día condutas positivas de nutrición, convivencia e solidariedade. Por este motivo recibimos a visita de xogadores do Deportivo da Coruña e propuxémoslles a realización dun partido para recadar fondos encamiñados a paliar a situación de pobreza e desigualdade que moitos nenos/ás sofren no mundo. R.C. Deportivo da Coruña de Veteranos (Fran, Manjarín, Songo´o...) vs Veteranos Sporting de Sada O prezo simbólico das entradas será de 1 euro e a recadación do partido será en favor de UNICEF. As entradas pódense adquirir no colexio (traer diñeiro exacto) ou o día do partido. Animamos a todos/ás a participar e mostrar a cara máis solidaria da nosa escola. |
O partido foi todo un éxito. Recadáronse 418 € para UNICEF. Gracias a todos os que particparon. |