Ola Mundo!
Aprendendo a programar o Escornabot coa biblioteca de movementos.
"Cando alguén está aprendendo a programar, chámaselle "Ola Mundo!" á actividade máis básica que se pode realizar coa linguaxe ou a ferramenta que se está a traballar"
Nós comezamos aprendendo os comandos:
As instruccións máis importantes que lle podemos dar ao escornabot son:
siBotonIr(); -> Fai que o escornabot comece a executar o programa cando lle damos a un botón, non en canto carga o programa.
andaCm(10); -> O escornabot andaría, neste caso, 10 cm. cara adiante. Se lle metemos un valor negativo, andaría cara atrás.
xiraGraos(60); -> Neste caso, o escornabot xiraría 60 graos en sentido horario. Con números negativos, xira en sentido antihorario.
para(1000); -> O escornabot detense por un tempo en milisegundos, neste caso quedaría un segundo quedo.
pita(500); > Emitiría un pitido de 500 milisegundos (medio segundo).
SABER FACER
1º Fixemos un pequeno circuíto de probas. Un circuíto máis complexo está sendo realizado polos alumnos/as de 6º co que se vai a traballar a educación viaria ademais da PROGRAMACIÓN de movementos.
2º Decidimos empregar dous escornabots.
3º Programamos dous movementos coa biblioteca de movementos.
4º gravamos un pequeno vídeo.
Circuíto 1 | Circuíto 2 |