O outono chegou
A partir desta canción que aparece no libro de Galinova de 4º, adaptamos un pouco a letra e inventamos esta coreografía:
A canción ten estrutura de Rondó ABACADA -> RETROUSO - 1ª estrofa - RETROUSO - 2ª estrofa - RETROUSO - 3ª estrofa.
Os pasos son moi sinxelos - sempre se empeza cara a dereita->
Retrouso - envolver o novelo, brazos arriba dereito e esquerdo de xeito alterno
1ª estrofa- facer a V cara adiante e cara atrás.
2ª estrofa - desprazarse cara á dereita 4 pasos e palmada no 4º paso = cara á esquerda -
3ª estrofa- paso adiante e 1,2,3 (cha, cha, chá)
Ou polo menos iso foi o que intentamos facer... aínda que a resolución non é moi boa, ver o vídeo pode axudar: