Skip to Content

Actividades

Visita á casa de Rosalía de Castro

Que sorte tivo o alumnado de 3° e 4° que puido visitar a casa de Rosalía e despois achegarse a merendar no entorno da ponte colgante de Sirimbao! Que nervios cruzar a ponte...

O Chef de Rubiáns 2024

Por fin chegou o tan ansiado día! O alumnado de 6° tivo a fortuna de cociñar co Richar, de La Malquerida, e coñecer como os alimentos son fundamentais para ter uns bos resultados deportivos. Humus, pementos, cenoiras, cabaciña... unha combinación perfecta para un aperitivo ou unha merenda saudables.
Despois, todo o alumnado gozou coas elaboracións que fixeron as familias inspirándose nos Xogos Olímpicos. Había de todo: aros olímpicos, fachos, biscoitos con diferentes decoracións, pesas, as tortiñas.coa receita segreda de Ana Peleteiro, tortilla francesa... Todo estaba boísimo e como non demos comido todo, mañá darémoslle boa conta.
Moitas grazas a Richard e a todas as familias. Sen vós sería imposible realizar esta actividade.

Día das Letras Galegas con Luis Vallecillo

Conmemoramos o Día das Letras Galegas e lembrando á homenaxeada deste ano, Luisa Villalta, cun concerto ofrecido por Luis Vallecillo, quen nos fixo cantar a Rosalía e obras de composición propia.

Pasámolo xenial! 

 

Día de Rosalía 2024

Hoxe celebramos o Día de Rosalía con motivo do seu aniversario. Nesta ocasión todo o cole traballou o poema "Adiós ríos, adiós fontes". Entre todos realizamos un mural no que representamos cada estrofa do poema e quedou precioso.

Despois, reunímonos para recitar cada grupo a súa estrofa e escoitar da boca da mesmísima Rosalía un fragmento do poema. Para finalizar cantamos xuntos a versión musicada do poema que fixo o grupo Astarot.

 

 

Visita do escritor Eduardo Santiago

Hoxe o escritor Eduardo Santiago veu falar connosco do seu libro "A miña amiga invisible", grazas ao programa Faro da Escola, de Faro de Vigo, e a colaboración da Editorial Xerais.

Ademais, falamos de como se inspira en persoas que coñece para escoller os nomes e outras características das súas personaxes, de como se inspira noutros libros, do proceso dende que escribe o libro ata que se publica e moitas cousas máis. Incluso nos dixo cal é o seu libro favorito da literatura infantil en galego.

Moitas grazas por vir, Eduardo Santiago. Quedamos con ganas de ler "O mundo máxico de Lía".

 

 

 

 

Visita de Berta Dávila

Hoxe visitounos Berta Dávila grazas á colaboración de Faro da Escola e Edicions Xerais de Galicia para charlar connosco sobre o seu libro Demetrio Demoscopio perdeu a chispa.
Cando Demetrio Demoscopio perdeu a súa chispa o pequeno André decidiu axudalo a recuperala para o que andivo maquinando como conseguilo: dende contarlle chistes ata meterse nun libro máxico.
 
Unha conversa ben interesante na que descubrimos a unha escritora consagrada que se achega por 1° vez á literatura infantil.
 

 

O Chef de Rubiáns

Hoxe descubrimos, da man de Richard e Dolores, de @malqueridavilla, que a cociña é ciencia porque todo se produce por unha reacción física ou química.
Despois de deixar unha masa a fermentar e unha mazá e un aguacate a oxidar, fomos visitar ao seu proveedor Daniel, que ten a súa horta moi pretiño do colexio, e que nos explicou a importancia de non botarlle produtos químicos. Despois deunos a probar flor de rúcula e follas de mostaza e cadansúa laranxa. Con él estaban outros agricultores ecolóxicos de Asoprovida, que teñen moita experienciaen hortos escolares.

Cando regresamos ao cole puxémonos "mans á masa" e curamos xema de ovo, montamos claras, probamos petacetas, e fixemos esferificacións. Como nos gustou! 

Pero a cousa non quedou aí, todos e todas probamos unha morea de pratos cheíños de ciencia feitos polas familias: galletas e biscoitos con formas moi interesantes (estrelas, bombillas, números, vehículos...), ovos de cores, ADN, flocos de millo, trufas, empanada, magdalenas.... E para que aprendamos todos a facelas xa temos un receitario ben interesante coa recompilación de receitas. 

Moitas grazas, Richard por compartir connosco o teu saber. 

 

Estrela Rosaliadecastro

Este ano achegámonos á figura da nosa poeta máis universal observando a relación da súa obra co espazo e coñecendo a estrela que leva o seu nome, xunto ao exoplaneta Riosar.

Nas difererentes imaxes atoparedes información sobre a estrela Rosaliadecastro e a astrónoma Antonia Ferrín.

Día da Ciencia en Galego: Ángeles Alvariño

Coñece a Ángeles Alvariño

Demostra o que aprendiches

Magosto 22

Aínda que o clima parece de primavera, estamos no outono, o tempo do magosto. Hoxe tivemos un día fantástico, comendo unhas ricas castañas asadas e xogando no patio a xogos tradicionais. Aquí tedes unha mostra.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut