Skip to Content

Deporte escolar

XOGADE 3º

Que gran día tivo o alumnado de 3° grazas ao programa XOGADE! Xunto a outros centros de Vilagarcía puido achegarse a deportes como a esgrima ou o rugby.

Pasárono xenial!

Día Europeo do Deporte Escolar

Hoxe celebramos o Día Europeo do Deporte Escolar camiñando pola Vía Verde. Podedes crer que estando tan pretiño aínda non a empregaramos?

A experiencia foi fantástica. O camiño fíxose moi ameno, o tempo acompañounos, non faltaron as risas... que máis precisamos para repetir? Nada! Así que voltaremos, e poida que cheguemos un pouquiño máis lonxe...

Moitas grazas a Protección Civil por coidar de nós no camiño.

Festa do Deporte

Como cada fin de curso o cole de Rubiáns é un "non parar", que si música, que si deporte.... en definitiva, un montón de actividades para a formación integral do noso alumnado.

Hoxe, o protagonista indiscutible foi o Deporte, que xunto cunha alimentación saudable forman parte fundamental da nosa formación e preparación para a vida.

Comezamos cunha disciplina procedente do Brasil pero que hoxe en día está extendida por todo o mundo: a Capoeira!

Da man de Ginga Gicap aprendemos un montón dos seus orixes, da música que a acompaña e nos iniciamos nos pasos máis básicos.

Pasamos un rato moi divertido, moitas grazas pola vosa visita!

Despois foi o turno para o Datchball, ese novo deporte (similar ao brilé) que tanto nos gusta e que estivemos practicando nos últimos recreos.

Disputáronse as semifinais e final, na que o equipo "6º forever" se proclamou campión despois dun partido reñidísimo co equipo de 5º. Cabe destacar o gran partido que realizaron os de 3º que case deixan fora da final ao equipo vencedor do campionato.

Imaxe dos nenos practicando datchball

Distribuir contido


by Dr. Radut