Skip to Content

Entrada

MURAL "O PORTO"

A semana pasada rematamos o noso mural "O PORTO", xa que diariamente, despois de facer as nosas tarefas, dedicámonos a debuxar, pintar e decorar o mural.

Agora mesmo está exposto na entrada da Biblioteca e da aula da ANPA para todos aqueles que queiran observar as partes dun porto, o tipo de embarcacións e outros aparellos que podemos atopar no mesmo.

Esperamos que vos guste e que vos sexa de gran interese!

CENTRO

Esta é a fachada principal do colexio.

Actividades das Letras Galegas

Ola amig@s,

Aquí vos deixamos un pequeno resumo das actividades realizadas durante a semana das Letras Galegas.

Esperamos que disfrutárades do día e das actividades do colexio.

OS MAIOS

 

Ola amig@s,

Aquí vos deixamos a secuencia de imaxes do traballo realizado a semana dos "MAIOS".

Sacamos pétalos, fixemos collares de flores e axudamos co " cono" e coa "Sabela". 

Esperamos que vos gustara! Porque nós pasámolo moiiiii ben!

 

PIRATAS METEPATAS!

Comezamos!

E que mellor forma de facelo que sendo piratas!

Os nenos e nenas de 5º e 6º de educación infantil comezamos o curso 2015-16 cunha búsqueda do tesouro. Pasámolo xenial! Buscamos pistas por todo o patio que nos levaron directamente ó tesouro pasando por pontes, un campo de globos, a casa da eiruga xigante... 

Aquí vos deixamos un pequeno recordatorio. Esperamos que vos guste tanto como a nós!

 

PIRATA from CEIP Rubians on Vimeo.

QUE OBSERVAMOS NO BOSQUE?

Onte continuamos traballando sobre o bosque a través dun mural.

A mestra repartiunos unhas tarxetas con nomes de obxectos, animais, tipos de vexetación e outras cousas que podemos atopar no monte.

Ela ía dicíndo e señalando os debuxos, e ó mesmo tempo axudavanos a recoñecer a primeira letra das nosas palabras (pintada en vermello) para que nós, pegaramos as palabras no mural.

Onte costounos un pouquiño, pero seguro que co paso das semanas recoñeceremos mellor as letras e as palabras!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut