Skip to Content

Información de interese

XA TEÑO ALFOMBRA NOVA!

GRAZAS PAPIS!

Dixéronme unhas profes que a ANPA trouxo unha alfombra para a miña casa. A verdade é que é preciosa. Mirade!

Agora os contos van soar moito mellor e os nenos e máis eu voltaremos soñar cun mundo de cores.

Agardo que veñades a vela e de paso botedes un ollo aos libros que teño para vós.

GUÍA DE LECTURAS PARA AS FAMILIAS

Na nosa biblioteca podedes atopar unha colección de libros pensados para axudar ás familias no seu labor educativo. Esperamos que sexan do voso interese.

 GUÍA DE LECTURAS PARA PAIS

CAMPAMENTOS URBANOS (CONCELLO)

O Concello de Vilagarcía ten aberto o prazo de solicitudes para os campamentos de verán. O prazo de inscrición remata o 2 de maio.

Para máis información consultade as bases.

ASAMBLEA DE PAIS

O xoves 10 de abril haberá unha asamblea da ANPA ás 20:15 en primeira convocatoria, e ás 20:30 en segunda.

 

INFORME TÉCNICO PERICIAL DO XIMNASIO

Móstrase para consulta, tal e como se aprovou en asamble de socios da ANPA, o informe técnico pericial encargado pola ANPA sobre o estado do ximnasio.

Concurso de deseño do cartel da Cabalgata de Reis 2014

Podedes consultar aquí as bases do concurso para a elección do cartel da Cabalgata de Reis.

Distribuir contido


by Dr. Radut