Skip to Content

Extraescolares

Excursión fin de etapa 2024

O alumnado de 6° leva un gran recordo e moitas experiencias vividas para finalizar o seu paso polo cole. Regresando xa da súa excursión de fin de etapa na que houbo cultura, ocio e ata un dobre aniversario.
Visitaron Madrid, Toledo e Aranjuez. E, por suposto, non faltou o Museo do Prado, o Zoo Aquarium, o Museo de cera, o Bernabeu, O Rei León e o Parque Warner. Unha experiencia inesquecible!

Escoitamos a berrea?

O alumnado de 5º e 6º participou nun programa de educación ambiental organizado dende o Minsisterio de Educación. Ademais de coñecer Villardeciervos, Puebla de Sanabria, os Arribes do Douro, os lagos de Sanabria e Valparaíso, escoitamos a berrea (sons que fan os cervos para ligar coas femias), observamos os lobos de preto e fixemos ogradoiros de candeas, xeocaching, radio ou xogos sensoriais.

Compartimos a experiencia co alumnado do CEIP San Juan de Dios, de Granada, onde xa temos uns amigos para sempre. Eles presentáronnos a súa cidade e nós amosámoslle a nosa.

Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta experiencia.

CEAM Villardeciervos

O vindeiro luns 25 de setembro o alumnado de 5º e 6º participará nun programa nacional de educación ambiental en Villardeciervos (Zamora).

Nos documentos adxuntos pódense ver os detalles da actividade.

Viaxamos a Extremadura e Andalucía!

Este curso tivemos a sorte de ser seleccionados polo Ministerio de Educación e Formación Profesional para participar nunha Ruta Científica, Artística e Literaria. A nosa foi a ruta 5 e permitiunos coñecer unha morea de lugares interesantes e compartir a experiencia cos nenos do CEIP San Miguel de Nerja (Málaga).

Visitamos Mérida, Aracena, Sevilla e Cádiz. Cociñamos con produtos ecolóxicos, montamos en moto de carreiras, acariciamos cabalos, eguas e poldros, disfrazámonos, convertémonos en espeleólogos e mineiros... Foi unha viaxe marabillosa, mirade!

Queremos agradecer ás entidades que colaboraron connosco para agasallar aos nosos compañeiros malagueños: Deputación Provincial de Pontevedra, Concello de Vilagarcía de Arousa. Porto de Vilagarcía de Arousa, Agrupación de Parquistas de Carril e Mexillón de Galicia.

Festival Nadal

Un ano máis despedimos o primeiro trimestre de curso co noso popular "Festival de Nadal"

Como sigamos así imos ter que empezar a facer os festivais no Auditorio pois non cabía un alfinete.

Esperamos que as actuacións que con tanto agarimo preparamos fosen do voso agrado.

BOAS FESTAS E FELIZ 2018

 

Un día moi completiño

Comezamos cunha viaxe un tanto especial, e é que desta vez no canto de ir en autobús iamos viaxar en tren para chegar á capital de Galicia.

A primeira parada foi no Parlamento, onde coñecemos o edificio, as diferentes salas, as bibliotecas e despachos... Pero o máis importante de todo foi que entendemos o funcionamento desta Institución e dende o hemiciclo puidemos ver as cousas dun xeito un pouquiño diferente. Ademais da guía, tivemos a sorte de que parte da visita fixémola acompañados por Dª. Marta Rodríguez Arias, que nos puido aclarar cantas dúbidas ían xurdindo.

E bulindo, bulindo marchamos cara o Museo do Pobo Galego, onde iamos observar embarcacións e diferentes elementos da pesca que nos fixeron lembrar o proxecto do curso pasado, así coma roupas, elementos de vivendas, escolas e oficios de antano...

E sen descanso na nosa peregrinaxe pola cidade chegamos á Catedral de Santiago, onde puidemos observar diferentes elementos arquitectónicos e artísticos, así como descubrir algunhas curiosidades coma a función do botafumeiro.

Despois de comer e xogar un pouco no parque, entramos no Museo de Historia Natural e, aínda que pareza incrible case nos chamou máis a atención a colección de minerais que todos os animais que alí había.

 

Entroido 2017

O Mar de Sabela encheuse de color e criaturas mariñas para festexar o Entroido.

Non faltaron especies da nosa ría e personaxes alén dos mares. Dende peixiños pequerrechiños ata as temidas quenllas, sen esquecernos das sereas e os piratas.... se ata tivemos unha flota de submarinos, amarelos, claro está! 

Desfilamos ata a praza da igrexa,  onde ante un nutrido grupo de familiares cantamos as coplas relacionadas co mar e o noso disfraz que compuxemos entre todos. 

Tamén degustamos os deliciosos postres típicos destas datas que aportaron as familias. 

En definitiva, gozamos dunha xornada moi divertida

COPLAS ENTROIDO 2017

Guardar

Guardar

Día da Paz

Como cada 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Este ano, enchemos o mar de Sabela de botellas con desexos de Paz.

Colgamos todas as botellas decoradas e  cheas de bos desexos nas entradas do cole, representando con elas un mar de solidaridade.

Despois cantamos unha canción en inglés, xa que  o desexo de Paz é común a todo o mundo e a todas as linguas.

Guardar

Distribuir contido


by Dr. Radut