Skip to Content

Libros de texto

Libros de texto curso 2024/2025

Faise pública a listaxe de libros de texto para o curso 2024-25 (ver adxunto). O alumnado de 5º e 6º de primaria non precisará libros por pertencer ao programa Edixgal.

Solicitude de axuda para libros de texto, material escolar e fondo libros para o curso 2024/2025

A continuación preséntase toda a información de interese relativa á convocatoria de axudas para adquisición de libros de texto e material escolar, así como do Fondo de libros de texto. 

É moi importante ler a información con atención e cubrir os documentos correctamente.

NOTA: naqueles casos de separación, divorcio, non convivencia ou situación similar, a solicitude deberá vir asinada POLOS DOUS PROXENITORES.

A continuación da seguinte presentación pódese descargar a información e os Anexos I e II.

O horario de entrega da documentación será de luns a venres, de 09:50 a 10:40 e de 14:00 a 14:50.

ENLACES:

APLICATIVO FONDO LIBROS

SEDE ELECTRÓNICA

 

 
 
 
 
 
 
 

Listaxe provisional de préstamo de libros de texto

Xa está publicada a listaxe provisional de admitidos de libros de préstamo de Fondolibros, poderán consultala no centro (presencial ou telefonicamente).

Ábrese un prazo de 2 días para reclamacións en horario de 10:00 a 13:00h.

Listaxe libros de texto 2023-24

Faise pública a listaxe de libros de texto para o curso 2023-24 (ver adxunto). O alumnado de 5º e 6º de primaria non precisará libros por pertencer ao programa Edixgal.

IMPORTANTE: non deben mercar os libros que aparecen en vermello na lista ata recibir instruccións do centro en setembro.

 

CENTRO E-DIXGAL

O noso centro foi seleccionado para participar no progama E-dixgal, polo que o vindeiro curso o alumnado de 5º de primaria non empregará libros de texto en papel como base da súa aprendizaxe.

As familias que presentaron a solicitude de axudas para a adquisición de material escolar e cumpra os requisitos, mantén o dereito a elas.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO 2019-2020

Aquí lles deixamos a listaxe dos libros de texto de Educación Primaria para o próximo curso escolar 2019-2020.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2019-2020

A Orde do 3 de maio de 2019, publicada no DOG de 20 de maio, regula:

a) Fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º, 5º e 6º  de EP e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

b) Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de EP e EE.

Libros de texto 2018-19

Xa podedes consultar a lista de libros para o vindeiro curso 2018-19

Prestade moita atención ao aviso de 5º curso de primaria

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2019-2020

 

A Orde do 3 de maio de 2019, publicada no DOG de 20 de maio, regula:

a) Fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º, 5º e 6º  de EP e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

b) Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de EP e EE.

c) Axudas para adquirir material escolar: EP, ESO e EE.

d) Axudas para adquirir material escolar: Cursos de E-DIXGAL

Recollida de vales

Xa podedes recoller os vales para mercar os libros de texto de 1º e 2º e o material. 

O horario de atención ó público será de 10:00h a 13:00h ata o luns 10 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut