Orde do 25 de xaneiro de 2017 e Orde do 12 de marzo de 2013
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 1 ao 22 de marzo.
· Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar, podendo poñer ata 6 centros por orde de preferencia, sendo nulas todas as solicitudes que se presenten en dous ou máis centros.
· As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o modelo: anexo II ED550B a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado).
· Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, en calquera dos rexistros establecidos utilizando o formulario normalizado.
· Todos os interesados en presentar a documentación en papel, poden descargala a través da páxina web do colexio ou no enlace anteriormente indicado da aplicación.
DOCUMENTACIÓN.
· Solicitude: Anexo II ED550B debidamente cumplimentado e asinado polos dous proxenitores.
· Certificado de matrícula, no caso de estar escolarizado noutro centro escolar.
· Copia do DNI da persoa solicitante (ou Libro de Familia en caso de non ter DNI).
· Copia do DNI dos membros da unidade familiar, cando deneguen a súa consulta.
· Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é ocaso.
· Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
NO CASO DE QUE SEXA PRECISO BAREMAR.
Deben presentar a seguinte documentación acreditativa do 25 de marzo ao 9 de abril:
o Se alega PROXIMIDADE do domicilio/traballo: Volante histórico de convivencia/contrato de traballo.
o Se alega IRMÁNS NO CENTRO: Fotocopia do libro de familia.
o Se alega FAMILIA NUMEROSA: Libro ou tarxeta de familia numerosa.
o Se alega FAMILIA MONOPARENTAL: Certificado de Recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
o Se alega RENDA DO 2019: marcar a casilla de autorización na solicitude. No caso de non facer a declaración, traer o Certificado Tributario de Imputacións (solicítase en facenda).
o Se alega DISCAPACIDADE dalgún membro da unidade familiar superior ao 33%: Certificado de recoñecemento da mesma
IMPORTANTE.
· A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais.
· No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
· No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será esixible o previsto no parágrafo anterior.
· O alumnado xa matriculado ten garantía de permanencia no centro. No caso de presentar unha solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.
· As familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisión alumnado» (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante».
· A notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ (https://notifica.xunta.gal) realizarase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente.
PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA: do 25 de marzo ao 9 de abril (só no caso de ser preciso baremar e denegue a consulta automática).
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS: publicarase antes do 26 de abril.
RECLAMACIÓNS:poderase formular ante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles.
LISTAXE DEFINITIVA:publicarase antes do 18 de maio.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño.
Documentación a presentar para formalizar a matrícula:
· Impreso de matrícula cumplimentado.
· Impreso de datos complementarios.
· Enquisa de preferencia lingüística (4º de EI).
· Dúas fotografías tamaño carnet.
· Fotocopia do libro de vacinas.
· Volante histórico de convivencia.
· Fotocopia da cartilla/tarxeta da seguridade social.
· Fotocopia do libro de familia onde está inscrito o alumno ou alumna.
ZONAS DE INFLUENCIA: parroquias de Rubiáns e Cea.
CENTRO AO QUE ESTÁ ADSCRITO: IES Armando Cotarelo Valledor.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS do centro:
Transporte (regulado polo Real Decreto 443/2001 do 27 de abril)
Comedor escolar (regulado polo Decreto 132/2013, do 1 de agosto)
NORMATIVA que regula o proceso de admisión de alumnado:
Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro)
Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo).
Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro).
Orde do 18 de decembro de 2020 (DOG do 22 de decembro).