Skip to Content

Complementarias

Excursión a Baiona

Hoxe tivemos a excursión de convivencia, na que todo o cole viaxou ata Baiona. Segundo a idade dividímonos para disfrutar desta vila e os seus encantos.
Visitamos o casco histórico, o Museo da Navegación, a réplica da carabela Pinta, paseamos rodeando a fortaleza de Monterreal e xogamos no parque. Logo fomos comer ao Chan da Lagoa e aínda que de cando en vez a chuvia ameazaba con facernos fuxir puidemos comer e xogar no merendeiro.

Teatro en inglés con Kids & Us

Neste intenso fin de curso o alumnado de Infantil, 1° e 2° puido gozar dunha obra de teatro en inglés do máis entretida e participativa da man de Kids & Us .

Moitas grazas por contar connosco un ano máis! 

Visita á casa de Rosalía de Castro

Que sorte tivo o alumnado de 3° e 4° que puido visitar a casa de Rosalía e despois achegarse a merendar no entorno da ponte colgante de Sirimbao! Que nervios cruzar a ponte...

Coñecemos a praza de abastos

A rapazada do 2° ciclo coñeceu a praza de abastos, a nova biblioteca municipal e tras un paseíño polo paseo da praia chegaron á estación do ferrocarril.

Pasárono xenial mentres coñeceron os rincóns da nosa vila e as marabillas que atopamos no mercado local.

 

Obradoiros do SPAD

O alumnado de 5° e 6° tivo a oportunidade de aprender un pouco máis sobre os coidados que debemos ter para coidar a súa saúde con dous obradoiros, un sobre a publicidade -para o alumnado máis maior do cole- e outro sobre as adiccións -para o alumando de 5º.


Será algún dos comics realizados merecedor de ser publicado no xornal? Saberémolo moi pronto.

 

 

Entevistamos aos maiores do Centro de Día Vilagarcía

Hoxe recibimos unha nova visita dos maiores do Centro de día Vilagarcía e nesta quenda foi o alumnado de 5° o que tiña preparada unha actividade.
Durante máis dunha hora estiveron entrevistandoos para saber un pouco do seu día a día e de como era a vida antes. Poderedes ler esta entrevista no xornal que entregaremos a final de curso. Como agradecemento entregáronlles uns imáns de recordo.
Despois, eles amosáronos o baile que están preparando para a celebración do aniversario do centro, que realizarán o venres 12.

Día da Paz 2024

De couleurs vives, da cantante francesa Zaz, foi a canción escollida este ano para celebrar o Día da Paz. Bailamos xuntos, unidos por lazos das cores dos aros olímpicos que representan a unión de todos os países dos 5 continentes.

Ademais, como un grupo de alumnos coñecera á keniata Nobel da Paz Wangari Maathai, presentáronlla ao resto de compañeiros e compañeiras de primaria.

 

 

Nova visita dos usuarios do centro de día

Hoxe tivemos unha nova visita dos usuarios do Centro de día Vilagarcía. Nesta ocasión o alumnado de 6° de Primaria representou a obra teatral "Pedro e o lobo" e o alumnado de 6° de Infantil cantou a canción dos meses do ano para eles. Gustoulles moito, así que xa estamos s argallar que facer o vindeiro mes.

1, 2, 3... Eureka!

Hoxe o alumnado de Infantil, 1º e 2º tivo a oportunidade de acudir ao Auditorio Municipal para gozar da representación da obra teatral 1, 2, 3... Eureka!, da man de Colorín e Colorada.

Nesta ocasión tres animais que viven no campo e aman a música non son comprendidos e deciden marchar á cidade para vivir a música. Eles buscan conseguir o seu soño, que ninguén lles corte as ás!

Distribuir contido


by Dr. Radut