Skip to Content

Proxecto do curso

Coñecemos as emocións no deporte

Continuamos coas actividades ao redor do Día da Paz. Nesta ocasión Saúl Ares falounos do xogo e das emocións no deporte. Que sentimos ao gañar ou perder? E cando é o meu rival ou o meu equipo favorito quen o fai? Que emocións se presentan mentres agardo o resultado da foto finish?

E como non, puxemos en práctica a teoría e analizamos como nos sentimos se non nos sacan a xogar e quedamos mirando.

Grazas, Saúl por unha mañá tan interesante!

Visita da bióloga Silvia Allen-Perkins

Continuamos achegándonos á ciencia da mans das familias. Hoxe foi a quenda de achegarnos ao mar da man de Silvia, que traballa no Intecmar.
Explicounos como dende o seu instituto monitorizan todo o mar galego a través de diferentes boias, para saber se hai algún contaminante ou toxina, a súa temperatura e a salinidade.
Tamén entendemos cos seus experimentos o difícil que é que se mesture a auga e como os residuos están a diferente profundidade. 
 
Grazas a Silvia e ao Intecmar por colaborar connosco!

 

 

VISITA AO PARQUE E. VALDÉS BERMEJO

Este curso queremos coñecer un pouquiño mellor o bosque de Sabela e, que mellor forma de facelo que vendo de preto diferentes árbores? Pois alá fomos ao Parque "do Castriño" e alí Mario, técnico de xardíns do Concello, explicounos moitísimas cousas interesantes sobre diferentes tipos de árbores, a súa orixe, a súa alimentación, as sementes...

Pasámolo xenial e aprendemos un moitísimo!

 

APRENDEMOS A RECICLAR?

Que vos parece se aprendemos en que colector debemos tirar o lixo?

 

Festas populares e tradicións de Galicia

Este curso pretendemos dar a coñecer un pouquiño máis as tradicións de Galicia: a vendima, o Samaín, o Magosto, o Nadal, o Entroido, as festas parroquiais, San Xoán...

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut