Skip to Content

Retos Saudables

Reto 14: a bailar!

Volvemos cun novo reto, Nesta ocasión imos mover os esqueletes!!!
 
Que vos parece esta coreografía para bailar en familia?? Animádesvos?? Estamos desexando ver os vosos vídeos!
 

Reto 13 zumes naturais!

Mañá comezamos o mes de maio, así que aproveitando que xa temos unha gran variedade de froitas á nosa disposición, que vos parece si facemos un reto de zumes, granizados e smoothies??

Deixamos a continuación unha serie de enlaces a diferentes receitas que vos poden servir de guía, pero podedes aportar as vosas creacións. Agardamos que vos guste este reto e que nos deleitedes unha vez máis coas vosas imaxes.

Reto 11: Legumes!

Xa estamos de volta coas baterías cargadas para afrontar a derradeira etapa deste curso escolar. O primeiro reto deste trimestre volve a estar relacionado coa alimentación saudable.

Nesta ocasión propoñémosvos elaborar diferentes pratos ou cociñar de distinto xeito as legumes: lentellas, alubias, chícharos, garabanzos,... Estes alimentos non só se poden comer en pratos de culler senón que se poden empregar en diferentes opcións: ensaladas, hummus, croquetas, hamburguesas.... Nos enlaces que vos achegamos podedes ver diferentes receitas que vos servirán de axuda.

ENLACES DE INTERESE:
 

Reto 10: Camiño de Santiago

Tranquilidade! Que ninguén se asuste con este reto. Non vos imos mandar a Roncesvalles!

Seguimos camiñando e/ou pedaleando, pero xa que estamos en Ano Santo e Pascua, imos a transformalo en Km do Camiño.

A continuación tedes un enlace de interese onde podedes planificar a distancia ou etapa que queirades percorrer.

Moi boas Pascuas a todos e que padriños e madriñas se porten ben coas roscas.

Ata a volta!!!

Coidádevos e coidémonos!!!

https://www.caminodesantiago.gal/.../ruta-del-mar-de...

Reto 8. O clube dos 1000 pasos!

O reto desta semana vai de camiñar. Anímaste a unirte ao noso clube?
Aproveita os espazos marabillosos que ofrece a nosa comarca, fai algunha ruta e trata de chegar aos 10.000 pasos. Parécenvos poucos? Non hai límite! Está nos vosos pés, a gastar zapatillas!!

Reto 7. Prato Nutritivo

Lanzamos o seguinte reto. Nesta ocasión volvemos a retomar o tema ALIMENTACIÓN e propoñémosvos a seguinte actividade.

O Prato Nutritivo é unha guía visual para axudar a educar e motivar a nenos e nenas a comer ben. Dunha ollada, a imaxe representa exemplos das mellores opcións para comidas, merendas, ceas e aperitivos saudables e resalta a importancia da actividade física como parte da fórmula para manterse san.

Consiste en dividir o prato do seguinte xeito: O 50% do prato ten que estar composto de verduras e hortalizas; un 25% de carnes ou peixes, ovos ou legumes; e por último outro 25% de cereais integrais ou tubérculos.

Do que se trata é de elaborar menús moi equilibrados con cantidades proporcionais dos diferentes nutrintes que deben compoñer a nosa alimentación diaria: carbohidratos, proteínas, graxas saudables e vitaminas.

Queredes volver a retomar o "Mandil de Chef" e deleitarnos coa vosa creatividade na composición de pratos "deliciosamente saudables"??

Agardamos as vosas fotos!!!!

ENLACE para ampliar información:

 

Reto 6. Paseo pola contorna

Desta volta toca pasear pola contorna, animádesvos?

Reto 5. Produtos do mar

Como van eses retos?

Esta semana propoñémosvos que cociñedes produtos do mar; eses tan bos para a nosa saúde, tan ricos para o padal e tan importantes para a nosa economía.

Podedes probar unha das propostas de O sabor da aventura está no mar, ou amosarnos a vosa receita favorita.

Que trucos tedes para que os peques coman peixe?

Distribuir contido


by Dr. Radut