Skip to Content

Actividades

Actividades de Igualdade realizadas no cole

Sofía Brea e Carmen Martínez dannos a coñecer a disciplina de doma clásica

No día de hoxe tamén tivemos a derradeira visita dunha deportista. Nesta ocasión a nosa exalumna Sofía Brea Tobío e campioa galega de doma e con numerosos logros no seu palmarés, pese á súa curta idade, veu acompañada do seu cabalo e a tamén exalumna Carmen Martínez Rey, monitora na Hípica Ares.
Entre as dúas explicáronnos unha morea de cousas, como que cada día comen 11kg de comida e beben 25 litros de auga. Sabiades que Sofía precisou 2 anos para compenetrarse co seu compañeiro? A amizade non segure un proceso tan rápido coma nas persoas!
Moitas grazas, Sofía e Carmen. Que gusto dá ver ao noso alumnado conseguindo os seus soños!

 

Visita á casa de Rosalía de Castro

Que sorte tivo o alumnado de 3° e 4° que puido visitar a casa de Rosalía e despois achegarse a merendar no entorno da ponte colgante de Sirimbao! Que nervios cruzar a ponte...

O Chef de Rubiáns 2024

Por fin chegou o tan ansiado día! O alumnado de 6° tivo a fortuna de cociñar co Richar, de La Malquerida, e coñecer como os alimentos son fundamentais para ter uns bos resultados deportivos. Humus, pementos, cenoiras, cabaciña... unha combinación perfecta para un aperitivo ou unha merenda saudables.
Despois, todo o alumnado gozou coas elaboracións que fixeron as familias inspirándose nos Xogos Olímpicos. Había de todo: aros olímpicos, fachos, biscoitos con diferentes decoracións, pesas, as tortiñas.coa receita segreda de Ana Peleteiro, tortilla francesa... Todo estaba boísimo e como non demos comido todo, mañá darémoslle boa conta.
Moitas grazas a Richard e a todas as familias. Sen vós sería imposible realizar esta actividade.

Obradoiro Nós mesmas

O alumnado de todas as aulas puideron realizar os obradoiros "Nós mesmas" que nos axudarán a coñecernos mellor e entender o mundo que nos arrodea con actividades e historias adecuadas a cada idade.

Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Día das Letras Galegas con Luis Vallecillo

Conmemoramos o Día das Letras Galegas e lembrando á homenaxeada deste ano, Luisa Villalta, cun concerto ofrecido por Luis Vallecillo, quen nos fixo cantar a Rosalía e obras de composición propia.

Pasámolo xenial! 

 

Muller tiñas que ser!

Un dos alicerces da nosa escola é Educar en Igualdade.

Traballamos en prol da igualdade de oportunidades e facemos moitas actividades para visualizar o papel da muller, que en moitas ocasións quedou solapado por figuras masculinas.

Por iso, ademais de que as aulas do cole teñen nome de muller (dende que traballamos o PDI "Mulleres importantes na Historia")  tamen os grupo-clase serán denominados na web por un nome de muller durante toda a súa etapa educativa no centro.

Escollemos os nomes de, entre outros, o libro "Cuentos de Buenas Noches para Niñas Rebeldes" Ed. Destino.

"Porque todas as nenas merecen crecer pensando que poden ser o que elas queren"

 


Celebramos o Día do Libro máis olímpico

Como cada ano realizamos o Apadriñamento lector, unha actividade que lle encanta a lectores e espectadores e que coma sempre resultou un éxitazo.

Ademais fixemos un reto olímpico literario, no que todos os cursos, cada un na súa quenda, superou uns retos con trabalinguas, poesía, debuxo..., para chegar á proba final na que tiveron que vestir a Sabela de tenista e obter unhas pelotas coas que xogaremos en canto o tempo o permita, a diferentes modalidades paralímpicas.

O último reto, consistiu en resolver unha adiviña de Gloria Fuertes o que nos serviu de excusa para coñecer á poeta amiga dos nenos e das nenas.

Tras facer todos os retos propostos conseguiron unha pelotas que hoxe empregamos para facer as nosas paralimpíadas. Non faltaron o baloncesto e o voleibol sentados, fútbol para cegos ou boccia.

Foi unha experiencia moi divertida que nos fai reflexionar no que se complican as cousas cando temos unha dificultade engadida. 

 

Escola de familias

 

O vindeiro mércores teremos unha charla moi interesante co psicólogo Daniel Novoa sobre "Ferramentas para o control da frustración e a ansiedade en familia". A charla está organizada polo CFR de Pontevedra dentro do marco ENAPAS, Familia e educación. O cole facilitará servizo de gardería para que poidades asistir acompañados das vosas crianzas. 

Agardámosvos!! 

Entevistamos aos maiores do Centro de Día Vilagarcía

Hoxe recibimos unha nova visita dos maiores do Centro de día Vilagarcía e nesta quenda foi o alumnado de 5° o que tiña preparada unha actividade.
Durante máis dunha hora estiveron entrevistandoos para saber un pouco do seu día a día e de como era a vida antes. Poderedes ler esta entrevista no xornal que entregaremos a final de curso. Como agradecemento entregáronlles uns imáns de recordo.
Despois, eles amosáronos o baile que están preparando para a celebración do aniversario do centro, que realizarán o venres 12.

Distribuir contido


by Dr. Radut