Skip to Content

Sabela cámara e acción!

Actividades do PDI 2019-20

Tarefa Semana Santa - Corrixida ;-)

E xa temos aquí todas as películas que enviachedes como tarefa.

Estades todos aprobados... que digo aprobados? Merecedes un César, un Óscar, un Goya... un que sei eu!

Merecedes un forte aplauso por participar e volver facer gala da vosa incrible imaxinación!

Graciñas a todos e todas!

A ver cantas adiviñades antes de que saia a solución!

8 marzo: Día Internacional da Muller

Cada ano conmemoramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha charla con algunha muller relacionada co noso proxecto anual.

Este ano dedicado ao cine, non era doado atopar unha muller relevante que viñese ao cole. Por sorte, Isabel Blanco, actriz e produtora aceptou a nosa invitación aínda sendo a véspera da gala dos Mestre Mateo, os Óscars galegos, dos que foi gañadora por partida dobre en pasadas edicións.

Isabel non só falou da sua traxectoria no mundo do cine e da televisión se non que tamén contou anécdotas da súa vida coas que arrincou gargalladas a todos os presentes.

Tamén nos fixo reflexionar sobre a igualdade a cultura e a importancia da educación.

Respondeu a todas as nosas preguntas, que non foron poucas, con cariño e sentido do humor e ata tivo tempo de asinarnos autógrafos e facer unhas fotiños de recordo para as profes que son fans dende os seus comezos como María Ares en Mareas Vivas.

Foi unha ledicia ter a Isabel no cole!! Mil grazas!!

Repercusión nos medios:

Faro de Vigo| A actriz Isabel Blanco visita el colegio de Rubiáns

Entroido 2020

Xa sabedes que en Rubiáns gústanos o Entroido e este ano tivemos un.... de cine!!!

O cole encheuse de personaxes de películas e ata o centro cultural desfilaron uns simpáticos Olaf da película Frozen, que a pesares da calor que ía, resistiron sen derreterse. Ían seguidos duns entusiastas Russel, os velliños Carl e un vistoso paxaro chamado Kevin da película Up. Detrás, unha morea de dálmatas vixiados de cerca por Cruella de Vil, que non lles quitaba ollo, escenificaban 101 Dálmatas. Seguíanos uns ananiños moi simpáticos chamados Munchkins que acompañaban a Dorothy, da película O mago de Oz. Moi de cerca estaban un montón de Charlot, protagonistas de tantas e tantas pelis de cine mudo. Despois ían unha morea de Pedro Picapedra, protagonista indiscutible de Os picapedra, que ían acompañados de Betty e Pebbles. Os máis aparatosos sin duda foron os protagonistas da película Lego, cada quen amosou enxeño e creatividade para crear a súa personaxe. Un grupo moi variado de animais acompañaba ao Dr. Dolittle, parecían un auténtico zoo. E cerrando o desfile ían Os Vingadores, superheroes e superheroínas que coidaba de todos nós. 

O chef de Rubiáns 2020

Un ano máis, xa se está convertindo en tradición, celebramos unha nova edición dunha das actividades que máis nos gusta, O Chef de Rubiáns.

O alumnado de 6º traballamos co noso chef particular, Richard Santamaría da Malquerida. Aprendeunos un montón de cousas moi interesantes. Probamos a cortar verduras en xuliana, e aínda que no cole sempre nos inculcan a importancia de comer sano, Richard incidiu nos beneficios que aportan os vexetais ao noso organismo. Elaboramos un Ratatouille que a case todos nos resultou delicioso.

Despois, chegou o momento de compartir todas as delicias que achegaron as familias. Menudas cousas máis ricas, había de todo!!

Agradecer a Richard a súa presenza no cole un ano máis e ás familias a súa involucración en todas as actividades que facemos.

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

La Voz de Galicia - Fotos

Día da Paz 2020

Como cada 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Nesta ocasión recitamos unha poesía que expuxemos nunha mega pancarta colgando da fachada do cole e cantamos a canción "De ellos aprendí" relacionada tamén co noso proxecto anual "Sabela, cámara e acción"

Aproveitamos para estrear as camisetas co debuxo realizado por Kevin, gañador do concurso "Deseña a túa camiseta de igualdade". Quedaron preciosas, non si?

Monicreques 6º

Este ano fixemos uns monicreques terroríficos, queredes velos?

Monicreques Samaín

Este ano polo Samaín cambiamos as cabazas por monicreques!

E como o proxecto deste curso é Sabela, cámara acción! non podiamos facer outra cousa que un Samaín de cine..... de terror, claro.

Así que o cole encheuse de Freddy Krueger, Maléfica, Chucky, Jack Skeleton, Joker, Frankenstein, A noiva cadáver, bruxas, vampiros, momias, pantasmas e demais personaxes do xénero cinematográfico máis terrorífico.

Coma sempre temos que agradecer a colaboración das familias que derrocharon unha imaxinación e unha creatividade incrible.

Distribuir contido


by Dr. Radut