Charla Mexillón de Galicia
Hoxe visitounos Ángeles Longa, bióloga responsable do departamento de I+D do Consello Regulador do Mexillón de Galicia quen, dunha forma moi amena e divertida, contounos un montón de cousas sobre os mexillóns tanto dente o punto de vista biolóxico como histórico.
Aprendemos unha morea de cousas moi interesantes: que tipo de animais son, onde viven, como se alimentan, como se cultivan, o bo alimento que son, o seu consumo ao longo da historia....
Quedamos abraiados da cantidade de kilos que se producen nun ano!!!
Descubrimos que os galegos somos pioneiros non so na producción se non tamén en poutras moitas cousas relacionadas coa industria do mexillón (bateas, barcos con grúa.....)
Canto aprendemos hoxe!!!
Sabiades que 9 mexillóns alimentan tanto coma un bistec? E que das máis de 3.000 bateas máis de 2.000 están na Ría de Arousa?
Repercusión en medios:
17/12/16 - Faro de vigo - Los escolares de Rubiáns conocen el proceso de roducción del mejillón
Comentarios
Enviar un comentario novo