Skip to Content

Charla "Coñecemos a nosa ría"

O pasado luns tivemos a sorte de paticipar nunha actividade na que coñecemos un pouco máis a nosa ría e algúns dos animais que viven nela da man do GALP, que está desenrolando o proxecto "Por un futuro sostible da nosa Ría".

Luis e Begoña, de Corticata, explicáronnos a importancia dun Parque Nacional e lembráronnos que na Ría de Arousa temos 2 illas pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, unha delas na nosa cidade. Despois, aprendemos a recoñecer as zamburiñas, ostras, mexillóns, navallas, ameixas... e a comprender que cada especie precisa un fondo diferente para vivir (rochas, area...). Rematamos a actividade cun xogo no que tiñamos que identificar diferentes especies de peixes e moluscos e deducir que tipo de fondo mariño precisan para vivir.

Chamounos a atención escoitar que ademais de faros de luz existen faros de son que están situados en lugares con moita néboa.

Tamén nos sorprendeu moito saber que ao carón da Illa de Sálvora se producira un naufraxio, no que houbo máis de 200 falecidos e uns heroes entre os que destacaban un grupo de mulleres que foron quen de rescatar 55 persoas, pese ao mal tempo que había aquela noite.

 

Repercusión nos medios:

Faro de Vigo 10/12/16

Pontevedraviva 7/12/16

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Comentarios

Enviar un comentario novo



page | by Dr. Radut