Festa do Deporte
Como cada fin de curso o cole de Rubiáns é un "non parar", que si música, que si deporte.... en definitiva, un montón de actividades para a formación integral do noso alumnado.
Hoxe, o protagonista indiscutible foi o Deporte, que xunto cunha alimentación saudable forman parte fundamental da nosa formación e preparación para a vida.
Comezamos cunha disciplina procedente do Brasil pero que hoxe en día está extendida por todo o mundo: a Capoeira!
Da man de Ginga Gicap aprendemos un montón dos seus orixes, da música que a acompaña e nos iniciamos nos pasos máis básicos.
Pasamos un rato moi divertido, moitas grazas pola vosa visita!
Despois foi o turno para o Datchball, ese novo deporte (similar ao brilé) que tanto nos gusta e que estivemos practicando nos últimos recreos.
Disputáronse as semifinais e final, na que o equipo "6º forever" se proclamou campión despois dun partido reñidísimo co equipo de 5º. Cabe destacar o gran partido que realizaron os de 3º que case deixan fora da final ao equipo vencedor do campionato.
E por último chegaron os premios!! Sí, porque PARTICIPAR neste cole ten premio. Sorteáronse medallas, un balón de baloncesto asinado polos xogadores e adestrador do Obradoiro e un balón de fútbol asinado por Juan de Ramos, entre os participantes das merendas saudables e os recreos activos. Que sorte tiveron os que gañaron!!
Tamén se entregaron os premios ás Patrullas Verdes e ós que foron ós "Mércores con Sachiño". Graciñas por axudarnos a manter o noso patio e horto tan limpo!
Comentarios
Enviar un comentario novo