SOLICITUDE DE MATRÍCULA FÓRA DE PRAZO
Para realizar unha solicitude de matrícula fóra de prazo deberase entregar a seguinte documentación:
- Teñen que remitir a folla de solicitude (anexo II) correctamente cuberto e asinado por ambos proxenitores (no caso de separación ou divorcio).
- Só se cubrirán as dúas primeiras follas. Todas as demais que fan referencia ao baremo non fan falta, xa que estas solicitudes non se bareman.
- DNI dos pais e do/a alumno/a.
- Libro de familia con todas as follas, non so na que aparece o alumno/a.
- Volante histórico de convivencia.
- Sentencia de separación ou divorcio se é necesario.
- Xustificación de non aportar as dúas sinaturas, de ser o caso.
- Boletín das últimas notas.
A adxudicación de vacantes realizarase por riguroso orde de presentación de solicitude.
Comentarios
Enviar un comentario novo