Skip to Content

2015 IDEAS PARA CAMBIAR O MUNDO

Esta semana desenvolvemos o taller "2015 ideas para cambiar o mundo" da man dunha monitora de FETE-UGT e financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), no que se pretende escoitar as ideas e propostas dos nenos para solucionar os problemas que nos rodean e desenvolver actitudes para a construcción dunha cidadanía responsable.

O mércores foron os añumnos de Infantil os que propuxeron ideas para coidar o mundo despois de escoitar un conto no que os patos Patochín e Patochón amosan as súas diferentes formas de coidar o mundo.

O xoves foron os alumnos de 1º, 2º e 3º os que fixeron as súas propostas e traballaron sobre a protección dos animais, os dereitos dos nenos.

Podedes ver os traballos en http://2015ideasgalicia.blogspot.com.es/2012/11/menudas-ideas.html



story | by Dr. Radut