Skip to Content

celebración do día da Paz

Este curso, celebramos o día da paz coa visita do Dr.Patricio Serqueira, que nos veu a falar da súa labor humanitaria en "El Salvador". Alí, se despraza cada ano para operar a moitos nenos e nenas que, por vivir en países con poucos recursos, carecen de especialistas médicos que podan tratar as patoloxías nas que Patricio e outros compañeiros sí o son. Mediante unha serie de fotos e videos, comprobamos as dificultades que pasan moitas familias e dímonos conta da sorte que temos de vivir en un país desenvolvido, como o noso. Outra actividade que realizamos como complemento de estas charlas, foi o "baile da paz" que levamos a cabo no patio do colexio todos xuntos. Aquí vos queda unha mostra de todo.



blog | by Dr. Radut