Presentámonos
O noso centro está ubicado nun entorno natural, do que gozan nenos e nenas no tempo de lecer e cando realizamos algunha conmemoración ou actividade.
Ademais das ensinazas marcadas no Decreto que regula as ensinanzas mínimas a impartir en E.I., o alumnado do centro recibe clases de Psicomotricidade e Educación Músical dende os 3 anos.
Temos un horto escolar, facemos semilleiros de diferentes plantas que logo trasplantamos, tamén nos serve para adornar os nosos corredores ou como agasallo.
Contamos cunha biblioteca chea de segredos que descobres cando te adentras nela. Cada ano, Sabela (a nosa mascota) sorpréndenos cun tema novo. Este ano: Sabela na Vila!
No curso 2019-20 adherímonos á rede de centros plurilingües impartindo a área de plástica en lingua inglesa. En infantil impartimos Psicomotricidade en inglés xa que pertencemos tamén á rede Plurinfantil.
O noso centro tamén recibe visitas de persoas importantes e con oficios interesantes.
A ANPA do colexio organiza o Plan Madruga, cando hai demanda, e as Actividades Extraescolares, entre outras.