Sofía Brea e Carmen Martínez dannos a coñecer a disciplina de doma clásica
No día de hoxe tamén tivemos a derradeira visita dunha deportista. Nesta ocasión a nosa exalumna Sofía Brea Tobío e campioa galega de doma e con numerosos logros no seu palmarés, pese á súa curta idade, veu acompañada do seu cabalo e a tamén exalumna Carmen Martínez Rey, monitora na Hípica Ares.
Entre as dúas explicáronnos unha morea de cousas, como que cada día comen 11kg de comida e beben 25 litros de auga. Sabiades que Sofía precisou 2 anos para compenetrarse co seu compañeiro? A amizade non segure un proceso tan rápido coma nas persoas!
Moitas grazas, Sofía e Carmen. Que gusto dá ver ao noso alumnado conseguindo os seus soños!
Comentarios
Enviar un comentario novo