Xogos Olímpicos no Estadio Municipal de Atletismo
Hoxe rematamos o proxecto deste curso no Estadio Municipal de Atletismo de Fontecarmoa.
Tras un desfile inicial, na que ata unha mascota tivemos, todo o alumnado participou en diferentes probas distribuídas segundo as idades: carreiras de velicidade, de obstáculos, de relevos; saltos de lonxitude e altura e lanzamentos de peso, xavelina e martelo. Unha morea de novas experiencias.
Foi unha xornada deportiva fantástica, na que ademais de convivir e coñecer diferentes modalidades deportivas, aprendemos a gañar e perder, pois o importante sempre é pasalo ben e respectar aos demais.
Cal será o proxecto do vindeiro curso? Sabela xa anda cavilando nalgo...
Grazas á Consellería de Deportes e ao persoal que nos facilitou a organización.
Comentarios
Enviar un comentario novo