Charla 11F. Oceanógrafas do pasado e do futuro
Hoxe tivemos a sorte de comezar as conmemoracións polo Día da Muller e da Nena na Ciencia da man da oceanógrafa e mestra da Universidade de Vigo, que chegou ao cole cargada de imaxes, lupas binoculares, mostras para a observación, reproducións de fósiles en tamaño grande... A cousa pintaba ben!
Aprendemos unha morea de cousas sobre o labor das mulleres no estudo dos océanos, a obtención de mostras, os fósiles, a importancia das cadeas tróficas e como inflúe o que pasa na superficie no fondo do mar..., pero o que máis lle gustou a tooooda a rapazada foi mirar polas lupas binoculares as mostras de area que trouxo, onde puideron buscar fósiles.
Celebramos o 11F coñecendo a mulleres que estudaron os océanos no pasado e tendo claro que hai que adicarse ao que nos guste, independentemente de se es neno ou nena. Quen sabe se das nosas aulas sairá unha oceanógrafa do futuro!
Átomos que xogan ao pilla pilla, La Voz de Galicia, 7 de febrerio de 2023
Los alumnos de Rubiáns se sumergen en el océano, Faro de Vigo, 7 de febreiro de 2023
Comentarios
Enviar un comentario novo