Pleno Municipal
Hoxe, 20 de novembro, para conmemorar o Día Universal do Neno os rapaces e rapazas da aula de sexto formamos parte da corporación municipal e asistimos a un pleno.
Os tres representates do noso colexio, Carmen, Alba e Miguel xuraron o seu cargo e recibiron as medallas como concelleiros.
Os representantes dos colexios do concello presentaban as súas candidaturas a ser elexidos alcade ou alcaldesa e finalmente, Rosalía do Anexo A Lomba foi nomeada alcaldesa da cidade.
Chegou o turno de exposicións e Carmen, a portavoz da corporación de Rubiáns, expuso a situación na que se atopan as instalacións do noso cole e pediu melloras urxentes alegando aos dereitos dos nenos e nenas.
A continuación tedes unhas fotos da experiencia.