Premio de Igualdade 2022
A Concelleira de Igualdade, Tania García, xunto co Concelleiro de Educación, Miro Serén, representantes do CIM e do xurado entregaron o venres os XVI Premios para a Igualdade: Boas Prácticas na Escola.
A Igualdade é parte fundamental no noso Proxecto Educativo, non hai máis que ver a cantidade de actividades que facemos neste eido.
Neste curso visibilizamos o papel da muller no ámbito artístico. Cantas pintoras e artistas incribles foron silenciadas nos libros de Historia e cantas obras de arte realizadas por mulleres foron solapadas por artistas masculinos!
No cole traballamos para que o noso alumnado pense que cando medren poderán ser o que se propoñan independentemente do seu xénero. Que homes e mulleres deben respectarse e que ningunha persoa debe ser discriminada por razóns de sexo, raza ou relixión.
Comentarios
Enviar un comentario novo