Uns artistas de medo!
Remata o verán celta e nós celebrámolo con cabazas que, como non podía ser doutro xeito, estaban decoradas inspiradas en obras de arte e artistas.
Por uns días a entrada do cole converteuse nun museo As cabazas eran impresionantes; todas as familias merecen unha felicitación polo seu traballo pois ao derroche de imaxinación engadiron moito traballo para lograr unhas obras de arte espectaculares. Non faltaba detalle; estaban Frida Kahlo, Picasso, Dalí... O Grito, O fillo do home, unha menina, A mona Lisa, os xirasois... e moitas inspiradas na obra de Yayoi Kusama, Kandinski ou Miró; e ata un museo!
Pero a festa non quedou aí. Todos o alumnado fixo un relato de medo e para elixir un gañador de cada aula foi moi difícil pois todos eran arrepiantes. Os gañadores leron os seus contos aos compañeiros.
E non faltaron a teacher e a profe Chus contando uns contiños.
E para botar os medos fora puxémolos nun papel e démosllos ao come-medos. Que impresión meter a man na súa boca!
Tivemos que facer 3 sesións para cumprir as normas COVID, pero aínda que non estivemos todos xuntos pasámolo de medo!
Comentarios
Enviar un comentario novo