Formulario de autoliquidación do comedor escolar. Curso 2020-21
As familias do alumnado usuario do servizo de comedor no curso 2020-21 deberá entregar o formulario de autoliquidación cuberto antes do 4 de setembro.
Aqueles usuarios que non teñan formalizada a documentación no prazo indicado non poderán empregar o servizo ata que estea regularizada.
No documento adxunto pódese consultar a información relativa á unidade familiar e á renta per cápita. Pódese empregar a calculadora de simulación de prazos de comedores escolares para realizar o cálculo.
A entrega de documentación realizarase con cita previa e uso de máscaras.
Observacións: A instrución 3/2020 remitida dende a Consellería fixan as condicións de organización e funcionamento de uso do comedor no curso 2020-21.
Porén a situación produxida pola pandeia do COVID-19 pode supoñer a imposición de medidas de protección e seguridade impulsadas pola administración sanitaria que determinen a aprobación pola Consellería dun protocolo específico de protección e seguridade na apertura xeral dos centros de ensino no curso 2020-21, polo que poderían ser reiterpretados ou modificados diferentes aspectos da instrución.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Instrucións renda per cápita e unidade familiar.pdf | 123.91 KB |
autoliquidacion comedor.pdf | 230.89 KB |
Comentarios
Enviar un comentario novo