11 de febreiro de 2020: Os monstruos do amor e o Chef Rubiáns
O mércores 11 de febreiro aconteceron varias cousas interesantes cos nenos e nenas de 4 anos
Primeiro, os 8 nenos e nenas de Atención Educativa, que estiveron a traballar o Monstruo de Cores, fixeron unha careta para poder convertirse no Monstruo do Amor; e poder repartir cariño e amor por todo o colexio
E un pouco máis tarde, tivemos a sorte de degustar todas as receitas que familias e nenos/as preparástedes aproveitando a visita do Chef Richar
Comentarios
Enviar un comentario novo