Axudas comedor escolar COVID-19
A Consellería de Educación convoca unha liña de axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e FP, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 (Orde do 27 de marzo de 2020).
Poderán beneficiarse da axuda aqueles usuarios de comedor que pagan 0€ ou 1€ polo servizo de comedor con data 31 de xaneiro).
Detállase a información no documento adxunto.
Non dubidedes en facernos chegar as vosas dúbidas por teléfono ou correo electrónico.
Pregamos nos fagades chegar os correos electrónicos cos datos solicitados como máximo o mércores 1 de abril para que nos dea tempo de tramitar todas as axudas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
AXUDAS COMEDOR ESCOLAR CORONAVIRUS COVID.pdf | 492.57 KB |
Comentarios
Enviar un comentario novo